Feliz 2015!

 

    O próximo sábado, 10 de xaneiro de 2015, Brazolinda estará de novo no Mercado da chuvia de Área Central dende as 11 da mañá ata as 21 horas.

    Collede ós vosos fillos, netos, sobriños, veciños, amigos... e vide pasar un tempo de lecer na nosa compaña. Contaremos, xunto co posto de venda, cun espazo de xogo para que poidades xogar libremente con tódolos nosos xogos.

 

 

 

 

 

 

 Vémonos alí!

 

 

Durante a vindeira fin de semana, Brazolinda estará no Mercado da Chuvia, en Área Central, Santiago de Compostela. Achégate para descubrir tódolos xogos e trebellos que expoñemos.

Participa tamén nos obradoiros lúdicos pensados para os cativos, tanto de mañá coma de tarde. Agardámoste!